Asina por un novo modelo de país
Asina por un novo Estatuto

Podes ler o proxecto do novo Estatuto completo en PDF.
pdf
Descarga o proxecto completo PDF (160 Kb).
Se queres un novo país, con máis autogoberno, con poder para decidir sobre todos os asuntos que nos afectan, máis moderno e aberto ao mundo. Un país que ilusione, que traia de volta aos que marcharon e atraia a xentes doutras culturas.

Se queres todo isto, fai forza por un novo Estatuto, apoia as Bases elaboradas polo Foro Novo Estatuto.
1 Galiza é unha nación que se integra libremente na estructura plurinacional do Estado español.
2 Os poderes de Galiza emanan do Pobo galego. A autonomía política de Galiza nace do lexítimo exercicio dun dereito colectivo e non dunha concesión estatal.
3 O galego é a lingua nacional, oficial e propia de Galiza. Todos os cidadáns e cidadás teñen a obriga de coñecelo e o dereito a usalo.
4 A actividade económica será compatible cun modelo de desenvolvemento sostible. Inserida no marco da economía social de mercado, terá como referente esencial o Estado do Benestar.
5 Unha democracia solidaria. Os poderes públicos impulsarán un espazo social baseado nos principios de solidariedade, igualdade e cohesión social; así como políticas de xénero para acadar unha igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes.
6 O Poder xudicial contará con órganos propios. O Consello Xudicial de Galiza será o seu órgano de goberno e o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o órgano xurisdiccional superior na Comunidade Autónoma, asumindo tamén as competencias da Audiencia Nacional.
7 Galiza dotarase dun novo modelo territorial, creado mediante o diálogo con todos os actores sociais, que conlevará un redimensionamento municipal e a creación de comarcas no rural e rexións urbanas nas cidades, así como un tratamento específico para os espazos metropolitanos, baleirando de contido as provincias. A esta estructura acomodarase unha flexíbel ordenación do territorio.
8 Galiza terá capacidade para actuar na escena internacional e dereito a participar nos asuntos que lle atinxan en calquera órgano da Unión Europea. Crearase un Instituto que teña por obxecto a difusión e extensión da cultura galega no exterior.
9 O modelo de financiamento basearase na autonomía financeira e na responsabilidade fiscal plena, sen prexuízo do mantemento dos necesarios fondos de de redistribución, tanto no ámbito estatal como europeo. O sistema fiscal orientarase polos principios de equidade e progresividade, contando Galiza cunha Administración Tributaria propia.
10 Toda a cidadanía galega ten dereito ao coñecemento. É fundamental para o futuro e o benestar do país a mellora do ensino e da investigación, así como o acceso de toda a cidanía á sociedade da información.

© 2004, FORO NOVO ESTATUTO