Foro Novo Estatuto

Cataluña: por unha relación bilateral co estado

Estatuto Cataluña

Cataluña vén de celebrar o 25 aniversario do Estatuto de Autonomía cunha idea compartida pola totalidade do seu arco parlamentario: a norma está esgotada e cómpre actualizala. Aprobado en referendo o 25 de outubro de 1979 co 88,1% dos votos favorables (participación do 60,5% ), o actual Estatuto foi ratificado no Congreso e no Senado, non sen antes facer un importante recurte de competencias, e promulgado o 18 de decembro dese mesmo ano.

O Goberno catalán vén de abrir, apoiado por todos os partidos, un proceso de reforma estatutaria para ampliar o seu teito competencial. O bosquexo do Estatuto de Autonomía, redactado polo Institut de Estudis Autonómics creado pola Generalitat, entrou o día 10 de novembro na comisión creada polo Parlament para debater o texto definitivo. Os puntos ‘quentes’ da ponencia son o dereito de autodeterminación, a definición de Cataluña como nación, o concerto económico e o dereito das seleccións deportivas a competir internacionalmente.

No fondo da cuestión, o tema principal que subxace é o intento de crear unha norma que estableza unha relación bilateral co Estado, superando o "café para todos" do actual sistema autonómico. Esta opción é a respaldada por CiU, ERC e ICV, mentres que o PSC de Maragall mantén unha posición ambivalente, seguramente debida ao temor de provocar unha revolta por parte dalgunhas autonomías contra o Goberno de Zapatero. O PP catalán, entrementres, é partidario de manter o ‘statu quo’ autonómico.

Como tema básico desta relación bilateral, tanto nacionalistas como ICV reclaman un concerto económico similar ao de Euscadi e Navarra que lle permita a recadación de todos os seus impostos, a negociación dunha cota a pagarlle ao Estado e a capacidade normativa sobre os tributos.

Ligazons

Web da ponencia redactora do Estatuto
Estatuto de Autonomía vixente
Estatut de Núria (1931-1932)
Informe sobre a Reforma do Estatuto (IEA), en PDF
Bases para un Novo Estatuto Nacional de Cataluña (CiU), en PDF
Bases para o Estatuto de Autonomía de Cataluña (PSC-CpC), en PDF
Constitución do Estado Libre de Cataluña (ERC), en PDF
Bases para a Reforma Constitucional e Estatutaria (ICV), en PDF

Subir

O Estatuto do 36
Estatutos na transición: Galiza contra a 'aldraxe'
Cataluña: por unha relación bilateral co estado
Euscadi: a hora do 'Plan Ibarretxe'
A 'Devolution' escocesa
Gales, oito séculos despois
Quebec, a piques da independencia

 

Ligazóns

© 2004, FORO NOVO ESTATUTO