A norma institucional básica de Euscadi é o Estatuto de Gernika, aprobado o 18 de decembro de 1979, similar ao das outras dúas nacionalidades históricas, pero que conta co privilexio de dispor da súa propia Facenda grazas ao sistema foral tradicional de Concerto Económico, privilexio co que tamén conta Navarra. Asemade, establécese que a achega de Euscadi ao Estado español consiste nun cupo ou contribución económica ás cargas do Estado que non asuma a comunidade autónoma.
Como saben, Euscadi é considerada pola Constitución Española unha nacionalidade histórica debido a que na II República se aprobara o seu Estatuto ‘in extremis’, en outubro do 1936, cando algunhas partes de Euscadi xa formaban parte do "bando nacional". Esta norma fora aprobada en plebiscito en 1933 co 84% dos votos a favor, aínda que a provincia de Álava só acadou o 46,4%. Sen embargo, o texto non puido entrar nas Cortes polo bloqueo do goberno de dereitas e houbo que esperar á vitoria da Fronte Popular para que fose ratificado.
Case setenta anos despois o ‘problema vasco’, envelenado pola violencia, segue sen solución. A última proposta veu da man do Goberno tripartito, que presentou a proposta de novo Estatuto no Parlamento vasco, máis coñecida como ‘Plan Ibarretxe’. Trátase dun Estatuto Político de Libre Asociación co Estado español, segundo a súa propia definición, que propugna un importante avance no autogoberno.
As súas principais reivindicacións, entre outras, son as que seguen:
Documentos